Category: Software libre

Guías para o bo uso de internet entre os máis novos/as

O pasado mes de marzo, Childnet International publicou en lingua castelá unha Guía para pais e profesores para fomentar un uso responsable de internet por parte de nenos e adolescentes. Colaboraron Promusicae, Sage y FAP. Esta Guía céntrase na defensa da propiedade intelectual nos contidos de música, cine e televisión en internet. Pódese descargar neste enlace.

Pero como acontece a miúdo,  para coñecer unha realidade de xeito crítico non chega cunha soa pata da mesa, e aínda que teñamos que asumir un maior esforzo intelectual, se realmente queremos ter unha posición fundamentada sobre este tema, debemos saber máis.

Recentemente, en TVE emitiuse o documental ¡Copiad, malditos!, con licencia Creative Commons, e que ofrece outra perspectiva sobre a propiedade intelectual na era de internet. (Este documental ten unha duración de 58 minutos. Recomendamos especialmente a súa visualización a partir do minuto 47:00).

Este documental non foi moito do agrado do Instituto Ibercrea, creado por catro entidades españolas de xestión colectiva de dereitos de propiedade intelectual: Agedi, Aie, Cedro e Sgae. Na súa web expoñen as súas queixas ao respecto.

A rede de Hacktivistas vén de editar unha Contra-Guía á publicada anteriormente por Childnet International, baixo o título de “Música, Cine y Televisión legal, libre y gratuita en internet”, esta vez dirixida a nais e profesoras, onde expoñen e defenden outro punto de vista na defensa dos dereitos de propiedade intelectual. Nas imaxes enlazadas abaixo poden compararse as diferentes portadas destas guías así como o seu contido.

O idioma galego e a informática

Se “queremos galego” tamén nos nosos computadores, témolo a un clic á nosa disposición

Mentres a Xunta paga por unha tradución parcial e trapalleira do Windows á transnacional dominante, centos de voluntarias e voluntarias traducen ao galego centos de aplicacións para normalizar o uso do galego na informática.

Ver artigo de  XOSÉ MANUEL BAÑOS GARCÍA, no blog Terra e Tempo

Día da liberdade dos documentos

O Día da liberdade dos Documentos (DFD) é unha iniciativa levada adiante por organizacións do campo do acceso ao coñecemento, a non discriminación e o software libre, segundo iniciativa da FSF (Free Software Foundation) en todo o mundo o vindeiro día 30 de marzo.

(Fonte da noticia: Wiki en Mancomún)

Os ultraportátiles do proxecto Abalar con Ubuntu 10.04 Netbook

Os ultraportátiles para os alumnos son un equipo de tipo tablet PC e táctil, que cumpre funcións de ordenador portátil e lector de documentos electrónicos.

Trátase do modelo INVES NOOBI 10, un equipo lixeiro, de tamaño reducido e cunha pantalla TFT LCD rotatoria que evita que os nenos teñan que forzar a vista ou adoptar posturas inadecuadas. Ademais, incorpora un asa elástica que facilita o seu transporte.

Ver noticia completa en  http://www.edu.xunta.es/web/

Ver contido de sesións de formación sobre Ubuntu 10.04

OBRADOIRO ABALAR NO IES ILLA DE ONS (BUEU)

Lanzamento da nova Ubuntu 10.10

Ubuntu 10.10 lanzouse o pasado 10/10/10, e trae unhas cantas melloras  que sobre todo afectan a apartados visuais.

Na web de Muy Linux analizan 10 das melloras máis relevantes de Ubuntu 10.10 Maverick Meerkat.

Nova Ubuntu Lucid Lynx 10.04

Desde a Oficina de Software Libre da Universidade de Santiago de Compostela (USC) ofrécennos a “Guía para comezar con Ubuntu 10.04” e que está redactada en lingua galega. Comezar con Ubuntu 10.04 é unha guía para principiantes do sistema operativo Ubuntu que consta de máis de 160 páxinas e que se creou de forma colaborativa. Está escrita con unha licenza de código aberto, libre para a súa descarga, lectura e modificación.  Estará dispoñible nos vindeiros días.

Neste enlace en Genbeta fannos un resumo das principais novidades desta nova versión de Ubuntu, referidas a: Aspectos técnicos, Rediseño gráfico, Socialización do sistema, Ubuntu One e Cambios no software básico.

Presentación do Plan de Acción 2010 en materia de software libre e de fontes abertas (FLOSS) da Xunta de Galicia

  • A Secretaría Xeral de Modernización promoverá e fomentará o uso do software libre en colaboración con todos os axentes implicados a través dun plan de acción dotado con 800.000€.
  • No ámbito educativo os 14.000 ultraportátiles do Proxecto Abalar terán un sistema operativo baseado no software libre.

Educación
A promoción do emprego do FLOSS na educación primaria e secundaria realizarase mediante unha serie de iniciativas lideradas pola Consellería de Educación para dalo a coñecer entre a comunidade educativa. Así, fomentarase a tradución ao galego de solucións baseadas en software libre e de fontes abertas, formase ao persoal docente no uso de solucións de software libre; despregarase un servidor de centro con solución TIC baseada en Floss nun mínimo de 50 centros e licitaranse os 14.000 ultraportátiles do Programa Abalar con sistema operativo GNU/Linux e paquete ofimático de software libre e de fontes abertas. Tamén se despregará un proxecto piloto de aulas baseadas en solucións FLOSS e da iniciativa “Webs dinámicas” nun mínimo de 500 centros que lles permitirá dispoñer dun portal web, dunha plataforma de teleformación e galería de imaxes con aplicación FLOSS.

Ver a noticia completa na web de Mancomun.org

Un sistema operativo libre e gratuíto: Ubuntu

Esta semana publicouse unha nova versión de Ubuntu, a distribución máis popular do sistema operativo GNU/Linux. Ubuntu é software libre, polo tanto legal e gratuito. ¿Alguén pode explicarme por que en moitas escolas seguimos pagando por windows?

Esta noticia foi recollida nos principais medios de comunicación, así que podes informarte algo máis nos seguintes enlaces, recollidos no blog Solo Ubuntu :

Diario Público

Diario El País

Diario El País (2)

Diario dixital 20 minutos

Diario El Mundo

De Ubunlog recollemos o seguinte vídeo que fai unha presentación breve e moi amena deste sistema operativo:

Podes seguir todas as novidades sobre Ubuntu en Planeta Ubuntu.

Windows Sietes

Hola Güelín, recollido no blog Libre me siento mejor

Nesta web podemos ver 3 vídeos moi didácticos (a ventá aberta, a receta e, sabores)

Staypressed theme by Themocracy