Categoría: Recursos para a aula

Xogos para os máis cativos (El búho boo)

Nesta páxina os máis pequerrechos poden iniciarse a utilizar o ordenador xogando. Dispoñen de xogos moi simples estruturados en tres niveis:

No primeiro só teñen que pulsar unha tecla para que algo ocorra na pantalla.

Nun segundo nivel aprenden a mover o rato.

No terceiro teñen que coordinar o movemento co clic do rato.

Papiroflexia para todos/as

Atopamos unha páxina moi didáctica que podemos utilizar para que os nenos e nenas da aula poidan aprender a facer figuriñas de papel  e desenvolver a súa creatividade sobre temas moi diversos, tal como flores, animais, peixes, etc.

Unha vez escollida a categoría desexada ofrécense os modelos posibles para elaborar, clasificados segundo o grao de dificultade (máis estreliñas a maior dificultade). Tamén se ofrece para cada figura un diagrama, e para moitas delas unha animación. Resultará máis atractivo que cada neno/a teña diante súa a animación e poida ir facendo os pasos que se indican simultaneamente (pode regularse a velocidade da animación, parala e reanudala, etc).

Así, como exemplo, pódese invitar a todos os alumnos da aula a facer os animais dunha granxa, e cada alumno/a ou cada parella debe escoller un animal.

(Pinchar no enlace para acceder á web)

Recursos na web do CEPR Pablo de Olavide

Excepcional a recompilación de actividades e recursos educativos que atopamos na web do Colexio de Educación Primaria Pablo de Olavide, en Cádiz.  Clasificadas por materias e por ciclos de educación primaria. A destacar os enlaces:

Tarefas: competencias básicas

Banco de actividades

Exprésate, para crear e compartir na web 2.0

Pincha na imaxe para ver a totalidade de enlaces.

Cancións e vídeos infantís con “Cantajuego”

Na web de Youtube podemos atopar practicamente toda a discografía completa do grupo Cantajuego. Podemos visualizar os vídeos na aula e practicar cos nenos unha boa cantidade de bailes e de xogos de psicomotricidade, ao tempo que tamén podemos aprender conceptos básicos para a aprendizaxe.

A modo de exemplo engadimos algunhas cancións para os máis pequenos. Para poder visualizalas só tedes que ir á páxina de Youtube e na casiña de busca escribir “cantajuego” (ou senón pichar nos enlaces que vos ofrecemos a continuación):

ARRAMSAMSAM (1:43)                                          DICEN QUE (2:20)

UNA MOSCA QUE VIENE VOLANDO           YO TENGO UNA CASITA

ARCA DE NOÉ (2:51)                                       LA MANÉ (2:18)

En Youtube tamén podemos atopar outros vídeos de cancións infantís en linguas diversas, tal como o inglés, o francés, portugueś, etc. Imos ver uns exemplos de todas elas:

EN LINGUA GALEGA

MIGALLAS : Arao  ( 3:16)                     MIGALLAS: Debaixo da figueira  (3:51)

CHOCOLATA  (3:02)         MAMÁ CABRA: O pirata mete pata (2:38)

MAMÁ CABRA : Parampampero (2:06)

EN LINGUA PORTUGUESA : A GALINHA PINTADINHA

A BARATIÑA (3:20)                                        O PITINHO AMARELINHO (1:55)

A GALINHA PINTADINHA (1:49)                      MARIANA (3:14)

EN LINGUA INGLESA

I LIKE DE FLOWERS (2:13)                       THE ELEPHANT SONG (3:06)

ALPHABET SONG (0:44)

EN LINGUA FRANCESA

UNE SOURIS VERTE (1:54)                                ALOUETTE (2:31)

BEBE LILLY : Les betises (3:01)

E para rematar temos outra excelente selección de vídeos infantís na web de GuíaInfantil.com

Xogos para ter boa memoria

Hoxe propoñémosvos exercitar a vosa memoria. Para os máis pequenos temos este xogo, todo dedicado a paxariños e outras aves máis grandotas!



Un xogo de memoria que tamén vos axuda a repasar o vocabulario en inglés

E para ter máis memoria que un elefante non hai mellor cousa que seguir practicando:

Escribir rápido no teclado (mecanografía)

Con frecuencia deixamos aos nenos/as que escriban no teclado segundo o seu instinto natural (é dicir, con un ou dous dedos) e esquecémonos de desenvolver unha habilidade básica que aumenta sensiblemente a produtividade do traballo diante do ordenador, tal como é escribir utilizando todos os dedos das dúas mans e ademais facelo sen mirar para o teclado, é dicir, mirando para a pantalla do ordenador.

Por outra parte, a práctica da mecanografía, en dúas ou tres sesións semanais duns 20 minutos é un excelente exercicio para a mellora da concentración.

Existen moitos recursos en internet para mellorar esta habilidade, e xa dende idades propias da etapa de educación infantil, é dicir, dos 3 anos en diante, a través de xogos sinxelos para aprender a manexar primeiro o rato e logo as primeiras letras do teclado.

Para os máis pequenos podemos comezar con TUX-TYPING, un xogo educativo que se descarga desde internet e que é multiplataforma, con versións para LINUX, Windows e Mac.

Tux é un pingüín que vai zampándose os peixes que caen antes de que toquen o chan. Cada peixe leva unha letra asociada e para que Tux o poida comer o neno/a debe pulsar esa letra coa suficiente rapidez antes de que o peixe chegue ao chan. Ten opcións para regular a velocidade con que caen as letras ou mesmo elixir palabras con diverso grao de dificultade. Está traducido entre outras á lingua galega.

Un xogo que utiliza unha idea similar e ao que podemos xogar online témolo en   Mecanografía na Prehistoria, na web de Vedoque.

Outro xogo é o de Biblioteca máxica , este require un mínimo de destreza e será axeitado a partir de segundo ciclo de primaria.

Especialmente a partir do 3º curso de primaria podemos traballar cun programa sistemático de aprendizaxe, na liña do que por exemplo nos ofrece a páxina web de cursomeca.com, que nos permite probar o programa sen rexistrarnos nun curso de 27 leccións.

É útil, como elemento motivador, levar un rexistro nun caderno de todos os alumnos/as onde se anoten cada unha das leccións que van superando e o número de erros das que non superan.

Outra opción a partir de 2º ciclo é o curso da web de Vedoque.

Os mellores recursos educativos para Primaria

Na Rede Social Internet en el Aula hai aberto un foro de discusión que leva por título : Os mellores recursos educativos para Primaria.

Estes son algúns dos propostos:

RECURSOS CONCRETOS :

Lingua: Cuentos locosMecanografíaKeyboard Game.
Matemáticas: El Euro y los nº DecimalesFracciones GenMàgic.
Medio: El aula del botánicoRelieve de España.
Inglés: Scary Skeleton.
Francés: Jeu chante en classeLa Famille Brunot.
Plástica: Colorea y dibujaBitstrips.
Varios: Grado56.
E. Infantil: Manejo del ratón.
NEE: Proyecto Aprender.

PÁXINAS XERAIS:

Agrega (Selección Primaria) – CRA A. RibagorzaCRA V. BullaqueEdu365.cat – EducapequesInternet en el aulaJ. de Castilla y LeónJueduLandOrientación AndújarR. para nuestra claseRecursos en FlashR. 3º Ciclo Primaria TIC56SallitaVedoqueVikidiaZonaClic.
Lingua:Cuentos interactivos clicclicclicReglas de ortografía.
Matemáticas: ThatQuiz.
Coñecemento: NASA Space Place.
Francés: Jouons en FrançaisClips enfantinsLe Point du FLE.
Inglés: Starfall.
Música: Música Educa.

UNIDADES E PROPOSTAS DIDÁCTICAS:
Comprensión lectora para varias áreas: Leer.es.
Varios: DidácticaTIC.
Recursos programados: CEIP Cervantes MontemayorRecursos 3º Ciclo.

¡Seguro que atopades algún recurso interesante para traballar na aula!

As TIC que non queremos

Astronomía para nenos e nenas

ASTRONOMÍA PARA NENOS/AS

Aquí tendes unha serie de enlaces con actividades, xogos e información para os máis pequenos/as.

Axencia Espacial Europea . ESA-Kids

NASA. Space Place

Planetario Kokone

Blog Recursos TIC CEIP A Ponte

EducaMadrid

Sistema solar básico

Pregúntalle a un astrónomo

Viaxe ás estrelas


No noso ordenador podemos instalar Stellarium, programa de software libre que nos permite visualizar os planetas, estrelas, constelacións e outros obxectos estelares como se utilizásemos un telescopio.

Stellarium é un programa gratuíto e de código aberto.

Image1

WordPress Themes