Category: Aula TIC

Aula TIC: mecanografía

Os alumnos e alumnas de 2º ciclo de primaria comezamos as actividades da aula de informática aprendendo a escribir no teclado do ordenador CON TODOS OS DEDOS DAS DÚAS MANS E SEN MIRAR AO TECLADO.

O máis importante para escribir rápido é practicar dez ou quince minutos cada día. É moito mellor practicar un ratiño cada día que moito un só día e os restantes nada.

No vídeo que temos deseguido podemos fixarnos ben en como hai que colocar os dedos para escribir correctamente.

Nos nosos ordenadores do colexio podemos practicar co programa KTOUCH (software libre para linux). Tamén podemos practicar online, en internet, nas páxinas de Cursomeca, de ARTypist ou de Vedoque.

Aula TIC: o procesador de textos

Os alumnos/as de 2º curso de primaria comezamos as clases na aula de informática. O primeiro día traballamos co PROCESADOR DE TEXTOS, que se chama OpenOffice. O procesador de textos é a aplicación ou programa que nos serve para escribir textos no ordenador.

Antes de nada encendemos o ordenador e unha vez que podemos ver o escritorio imos ao MENÚ PRINCIPAL, pinchamos co rato na etiqueta APLICATIVOS e alí buscamos as etiquetas OFIMÁTICA e PROCESADOR DE TEXTOS OPENOFFICE. Pinchando co rato nesta última ábrese o procesador de textos.

Una vez aberta a aplicación OPENOFFICE podemos comezar a escribir. Hoxe escribimos o noso nome e as diferentes partes que ten un ordenador, que son, por exemplo:
TORRE
MONITOR
DISCO DURO
MEMORIA
VENTILADOR
TECLADO
RATO…

From AulaTIC

Unha vez que rematamos co documento temos que gardalo. Para iso imos ao MENÚ PRINCIPAL de Openoffice, e na etiqueta FICHEIRO eliximos a opción GARDAR COMO.

From AulaTIC

Desprégase unha nova ventá: en primeiro lugar temos que escribir un nome para o noso ficheiro, por exemplo “Pezas do ordenador” e logo escollemos un cartafol onde gardalo (se non existise temos que crealo), lembrando que debe gardarse dentro do cartafol DOCUMENTOS. Finalmente pulsamos no botón GARDAR.

From AulaTIC

Dese xeito xa temos gardado o noso documento. A próxima vez que queiramos abrilo para seguir escribindo nel teremos que ir ao MENÚ DO ESCRITORIO e escoller LUGARES e a seguir DOCUMENTOS. Dentro do cartafol DOCUMENTOS buscamos o noso cartafol e alí dentro atoparemos o ficheiro que xa poderemos volver a abrir pinchando co rato.

Staypressed theme by Themocracy