Category: Actividades Comisión TIC

Bo Nadal 2009!

A Comunidade educativa do C.E.I.P. A Rúa quere desexarvos a todos e todas un Bo Nadal 2009 e o mellor para este novo ano que comeza.

Enquisa ao profesorado

A comisión TIC do CEIP A Rúa elaborou unha enquisa  para detectar as demandas en formación do profesorado do centro. Obtivemos os seguintes resultados :

1. Creación e uso de blogs educativos (demandado por 8 profesores/as)

2. Uso do encerado dixital (demandado por 8 profesores/as)

3. Creación de cazas de tesouro e webquest ( demandado por 4 profesores/as)

Deste xeito xa temos uns puntos de referencia para traballar nas vindeiras semanas. E comezaremos polo uso dos blogs.

O vindeiro martes, día 3 de novembro, ás 18:30 horas teremos unha primeira sesión para crear e comezar a utilizar o noso propio blog 🙂

Plan de introdución das TIC 2009-10

Foi aprobado polo claustro o Plan de introdución das TIC para este curso.

Ao longo do curso académico trataremos de levar adiante o obxectivo  de incorporar o uso das TIC na práctica cotiá das aulas.

Internet é sen  dúbida o principal recurso de traballo, e a modo de aperitivo presentamos algunhas propostas, que con carácter xeral, poden traballarse nas aulas utilizando simplemente o navegador de internet:

  1. Visitar o blog do colexio http://ceiparua.blogspot.com para buscar novidades ou utilizar os seus enlaces para acceder a actividades diversas. Tamén podemos elaborar o noso propio blog de aula coa participación directa dos alumnos/as.
  2. Utilizar o enlace de ZONA CLIC (http://clic.xtec.cat/db/listact_es.jsp) para realizar actividades online, elixindo previamente a actividade desexada. Son boas como actividades de reforzo. Do xeito similar podemos acceder ás actividades de EDUCA LIM (http://www.educalim.com/biblioteca)
  3. Utilizar recursos de actividades flash online, (repaso de matemáticas, ciencias, xeografía, etc….) tal como os que se poden atopar neste enlace: http://www.algobar.com/recursos/
  4. Unha boa páxina para aprender mecanografía, que ofrece un curso gratis en http://www.cursomeca.com/introduccion.htm?n=Invitado&e=Invitado&t=1& permite probalo sen rexistrarse. Interesante a partir de segundo ciclo, 15 a 20 minutos por sesión.
  5. Utilizar Google Maps, para actividades de xeografía, orientación espacial, itinerarios, etc) no seguinte enlace http://maps.google.es/ . Tamén o SIXPAC, Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas, con maior definición e que permite medir distancias e áreas de parcelas, en http://emediorural.xunta.es/visor5/
  6. Utilizar actividades tipo webquest (o profesor/a deseña unhas preguntas sobre un tema e os alumnos/as deben atopar as repostas buscando a información en internet). Hai moitas xa deseñadas en http://phpwebquest.org/newphp/
  7. Unha fonte básica para buscar información é a Wikipedia (enciclopedia online), está en galego na dirección http://gl.wikipedia.org/wiki/Portada , pero tamén existen versións en castelán ou en calquera outro idioma.
  8. Unha fonte inmensa de enlaces a recursos online pódese atopar en JUEDULAND http://roble.pntic.mec.es/arum0010/ .

Benvida!

Dámosvos a benvida a un lugar que aposta pola formación do profesorado no ámbito das TIC e polo uso consciente e comprometido destas ferramentas, ao servizo da formación dos cidadáns do século XXI:

  • Críticos coa sociedade na que viven,
  • Conscientes dos condicionamentos aos que estarán sometidos
  • Solidarios na procura do ben común.

Por iso apostamos por:

  • O uso de software libre, polos valores e a posición ética que define este movemento.
  • Por unha pedagoxía sustentada en tres paradigmas básicos: o globalizador, o crítico e o construtivista, sempre interrelacionados.
  • Pola adquisición por parte do noso alumnado das competencias básicas recollidas na lexislación educativa vixente, e en particular á adquisición da competencia dixital e do tratamento da información, que tal como se explica no Decreto 130/2007, que desenvolve o currículo na educación primaria,  “esta competencia consiste en dispoñer de habilidades para buscar, obter, procesar e comunicar información, e para transformala en coñecemento”.En síntese, o tratamento da información e a competencia dixital implican ser unha persoa autónoma, eficaz, responsable, crítica e reflexiva ao seleccionar, tratar e utilizar a información e as súas fontes, así como as distintas ferramentas tecnolóxicas…”

Staypressed theme by Themocracy