O CEIP A Rúa participa no proxecto experimental E-DIXGAL no curso 2014-2015

O proxecto E-DIXGAL ten por obxectivo a utilización exclusiva de recursos dixitais nas aulas Abalar, prescindindo por tanto dos tradicionais libros de texto.

No curso 2014-2015 inicia o proxecto a aula de 5º de primaria, con 25 alumnos/as, para incorporarse no curso seguinte (2015-2016) unha nova aula de 5º de primaria, ao tempo que continuaría en 6º curso a aula do curso anterior.

Con data do 5 de setembro de 2014, na web de espazo Abalar, atopamos unha información sucinta das características deste proxecto.

Comments are closed.

Staypressed theme by Themocracy