Mellora da competencia lectora: recursos TIC

Aplicación LEA (Lectoescritura Adaptada), de Juan García Moreno, do CEIP Blas Infante, en Lebrija, Sevilla. Ten por obxectivo facilitar a aprendizaxe, semidirixida ou autónoma, das competencias lectoras e escritoras básicas, tanto na súa fase inicial como nas de afianzamento. Ver información didáctica sobre esta aplicación.

Aplicación ALE (Axuda á Lectoescritura), Aplicación desenvolvida pola Junta de Andalucía na que se presentan varias actividades de ortografía, lectura, escritura e vocabulario.  Autores: Francisco López Hijano y Francisco Vega Sepúlveda.

Ayudaalalectoescritura

 

Dende o banco de recursos de Educarex, da Junta de Extremadura, traemos un par de recursos TIC para traballar a aprendizaxe da lectura, a mellora da velocidade lectora e, en último termo, a comprensión de textos e a competencia lectora. Estes recursos están elaborados partindo da filosofía de Glenn Doman, e  son:

MÉTODO INTERACTIVO DE LECTURA FUNDAMENTADO NA FILOSOFÍA DE GLENN DOMAN (Primeiro e Segundo Ano),  elaborado por Santiago Ortiz, Antonio Vega e Diego Guerrero. Recoméndase ler o manual antes de comezar a utilizar a aplicación. O programa completo estrutúrase en 3 cursos de 30 semanas de duración cada un. Dun xeito progresivo o alumno/a irá adquirindo velocidade lectora e desenvolvendo a habilidade lectora.

Aplicación para mellorar a competencia lectora, de Santiago Ortiz, Diego Guerrero e Santiago Campo. Permite ler tanto palabras como textos á velocidade que nós lle indiquemos previamente. Ten unha proba de velocidade lectora e é totalmente configurable de xeito que permite crear listas de palabras e textos a gusto do usuario. Tamén dispón dun manual moi completo.

 Á parte do anterior, outro enlace para educación primaria, con Actividades para mellorar a comprensión e a velocidade lectoras, e a habilidade visual, na web do C.E.I.P. «Benedicto XIII», de Illueca (Zaragoza). Na mesma web podemos atopar Actividades para a maduración lectora en educación infantil.

Outro máis é a web Reglas de Ortografía, onde ademais de traballar este tema tamén ten probas de velocidade lectora e de comprensión, con textos adaptados aos diferentes ciclos de educación primaria.

No blog Aula de apoyo: pase sin llamar…  publican un artigo que recompila recursos variados para atender todas as dimensións da mellora da velocidade e fluidez lectora.  Destacan os exercicios, fichas e actividades online para mellora da velocidade lectora publicadas na web Psicologoescolar.com

Na web Logopedia escolar en Asturias atopamos outra recompilación de recursos para a aprendizaxe da lectoescritura.

A recompilación máis completa e extensa que atopei está no blog Segundo Y Tercer ciclo primaria (3º – 4º y 5º) : ejercicios, recursos y actividades. (O blog de Hiara).

Comments are closed.

Staypressed theme by Themocracy