Aplicacións para mellorar a competencia lectora

Dende o banco de recursos de Educarex, da Junta de Extremadura, traemos un par de recursos TIC para traballar a aprendizaxe da lectura, a mellora da velocidade lectora e, en último termo, a comprensión de textos e a competencia lectora.

Estes recursos están elaborados partindo da filosofía de Glenn Doman, e  son:

MÉTODO INTERACTIVO DE LECTURA FUNDAMENTADO NA FILOSOFÍA DE GLENN DOMAN (Primeiro e Segundo Ano),  elaborado por Santiago Ortiz, Antonio Vega e Diego Guerrero. Recoméndase ler o manual antes de comezar a utilizar a aplicación. O programa completo estrutúrase en 3 cursos de 30 semanas de duración cada un. Dun xeito progresivo o alumno/a irá adquirindo velocidade lectora e desenvolvendo a habilidade lectora.

Aplicación para mellorar a competencia lectora, de Santiago Ortiz, Diego Guerrero e Santiago Campo. Permite ler tanto palabras como textos á velocidade que nós lle indiquemos previamente. Ten unha proba de velocidade lectora e é totalmente configurable de xeito que permite crear listas de palabras e textos a gusto do usuario. Tamén dispón dun manual moi completo.

Comments are closed.

Staypressed theme by Themocracy