Recursos TIC para o 2º ciclo de primaria

Non esquezamos que internet é un recurso, un grande e excepcional recurso, pero non basta con utilizalo de calquera xeito arbitrario. O desenvolvemento da competencia dixital e de tratamento da información ten por obxectivo que o alumnado acade un manexo básico dos ordenadores e sobre todo saiba tratar coa información, é dicir, saiba buscala, seleccionala, analizala, interpretala e comunicala. O xeito de conseguilo será poñendo ao alumnado diante de situacións nas que necesite tratar a información. O profesor desenvolve o papel de guía, que coa debida estruturación deseña situacións de aprendizaxe adaptadas ao seu alumnado. As cazas do tesouro e as webquests son recursos moi axeitados para buscar este obxectivo. Tamén preparar presentacións que acompañen unha exposición oral. Neste tipo de tarefas, relativamente abertas, o alumnado e o profesor xogan papeis moi activos: o traballo está na mente dos actores e o produto en proceso de elaboración. Pouco disto pode dalo sen máis internet.

Existen outro tipo de actividades, centradas na avaliación de contidos, que utilizan a tecnoloxía flash, e que son moi do agrado do alumnado pola súa similitude cos xogos de ordenador e pola compoñente lúdica que ofrecen. Pero pensamos que o seu potencial para facilitar a aprendizaxe do alumnado está moi sobredimensionado. Por iso recomendamos a súa utilización dun xeito prudente e limitado.

No nivel de 2º ciclo de primaria, podemos traballar no ámbito TIC os seguintes contidos:

– Manexo básico do sistema operativo: abrir e pechar o sistema, abrir e pechar aplicacións, crear carpetas persoais, crear ficheiros…

– Editar textos sinxelos co procesador de texto OpenOffice

– Iniciación á mecanografía: pódense utilizar estes enlaces Vedoque, ARTypist, Cursomeca.

– Busca de información en internet: navegador Firefox, buscador Google, Wikipedia, etc.

– Visualizar diferentes contidos explicativos, por exemplo, para o tema sobre O ciclo da augavídeos, animacións multimedia, imaxes,…

– Cazas do tesouro, webquests.

– Crear un blog de aula onde o alumnado participe elaborando as anotacións (entradas).

– Actividades flash online para calquera tipo de contido curricular (JClic, LIM, HotPotatoes…)

Podemos atopar recursos nos seguintes enlaces:

CEIP de Quiroga Recompilación de recursos educativos, que inclúe recursos didácticos interactivos da editorial Anaya

CEIP_TIC Pedro Corchado Bailén (Jaén)   Moi boa, con moitas actividades flash, pero tamén contidos resumidos das diferentes materias e enlaces a webs con contidos.

Recursos para nuestra clase Recompilación de actividades flash clasificadas para as distintas materias do segundo ciclo de primaria.

Leo lo que veo web educativa elaborada por : Mercedes Senac e Esther Pazos. É un Dicionario temático-visual, que ten por obxectivo facilitar a aprendizaxe do vocabulario e a comprensión lectora, a alumnos de E. Infantil e Primaria. A web inclúe tamén xogos de discriminación auditiva, actividades de lectoescritura e lectura comprensiva, actividades CLIC , webquest , etc…

Palabras Amigas Web con recompilación de recursos.

Ver aquí para unha relación máis completa de recursos TIC no ensino primario.

Comments are closed.

Staypressed theme by Themocracy