Día de internet (17 maio)

Os centros de educación primaria podemos participar nas actividades programadas con motivo do día mundial de Internet que se celebrará o próximo 17 de Maio. Hai premios, a través de votación online, para as poesías, contos e debuxos presentados polos nenos/as sobre Internet e as Novas tecnoloxías.

A temática escollida nesta edición é “Internet e os Dereitos Fundamentais”. Cada traballo debe inspirarse nuns dos 10 dereitos recollidos na Carta de Principios e Dereitos en Internet”.

Podes obter máis información pinchando na imaxe:


Asimesmo, na actividade denominada MURO, calquera membro da comunidade educativa pode expresar as súas reflexións e propostas sobre a Carta dos Principios e Dereitos Fundamentais en Internet.


Comments are closed.

Staypressed theme by Themocracy