Entrevista a Jordi Adell en Educaweb 13/12/2010

Entrevista a Jordi Adell. Profesor titular da Área de Didáctica e Organización Escolar no Departamento de Educación da Universitat Jaume I (UJI) e director do Centre d’Educació i Noves Tecnologies (CENT). Publicada na web de Educaweb.

Ollar as TIC como única solución ao fracaso escolar é iluso, pero esquecelas acrecentará aínda máis a distancia entre a sociedade, a economía, os fogares, etc. e as escolas e deslexitimará máis se cabe as institucións educativas.

Xa se cumpriu un ano dende a implantación, por parte do Ministerio de Educación, do Plan Escola 2.0. Brevemente, cal é a situación real da implantación das TIC na aula durante este primeiro ano?

A miña percepción é que a situación é diversa. Para os docentes e centros que xa usaban as TIC, a dotación de medios de Escola 2.0 foi como auga de maio… malia problemas diversos de despregamento, funcionamento errático da conexión a Internet nalgúns casos, etc. En cambio, para outros centros e docentes, que apenas se iniciaran no uso didáctico das TIC, é momento de confusión, formación acelerada, tenteos e algo de desconcerto. Tampouco existe un só plan Escola 2.0, senón tantos como Comunidades autónomas participantes. En cada sitio tomaron decisións que o conforman como un plan diferente dos demais. Por exemplo, nalgunhas comunidades os ordenadores non saen” das escolas. Persoalmente considéroo un grave erro. É como obrigar os nenos a deixar os lapis na escola. Noutros sitios apostouse por incentivar, inicialmente din, o uso de libros de texto dixitais, facendo moi difícil a innovación didáctica e cuestionando a necesidade da conexión a Internet (só para acceder a unha copia en PDF do mesmo libro de texto?). O panorama, como se ve, é diverso e complexo.

(Ver a entrevista completa no enlace de Educaweb)

Comments are closed.

Staypressed theme by Themocracy