Webquests, Miniquests e cazas do tesouro

Unha Webquest (ver na wikipedia) é unha actividade de aprendizaxe onde aos estudantes se lles presenta un escenario e unha tarefa, normalmente un problema para resolver ou un proxecto para realizar. Lévana a cabo empregando información de internet preseleccionada polo docente. Utilizadas con propiedade constitúense nunha excelente ferramenta para combinar o traballo por proxectos e o uso das TIC.

Resulta unha actividade modélica para que o alumnado acade unha competencia dixital e de tratamento da información, é dicir, que desenvolva habilidades para buscar, obter, procesar e comunicar información, para transformala en coñecemento (Decreto 130/2007, do currículo de primaria).

Unha definición moi extendida é a de  Starr: “Unha WebQuest constrúese arredor dunha tarefa atractiva que provoca procesos de pensamento superior. Trátase de facer algo coa información. O pensamento pode ser creativo ou crítico e implicar a resolución de problemas, enunciación de xuízos, análises ou sínteses. A tarefa debe consistir en algo máis que en contestar a simples preguntas ou reproducir o que hai na pantalla. Idealmente, débese corresponder con algo que na vida normal fan os adultos fóra da escola”.

Antes de seguir imos con algúns exemplos concretos:

Exemplo para infantil: “Contamos con contos”, elaborada por Beatriz Permuy Martínez

Para 1º ciclo de primaria: “Vamos al acuario”, de Mª Aurora García Polanco

Para 2º ciclo, en Coñecemento do medio, “Os animais da granxa”

Para 2º e 3º ciclo: “O ciclo da auga”, e outra máis sobre “O ciclo da auga”, para 3º ciclo.

Para 3º ciclo de Primaria: “O día do teu nacemento“, de Mario Aller. Outra máis para

Outra para 3º ciclo:  “O magosto”

Awikiescola: Webquests en galego, con exemplos clasificados por áreas.

edu.xunta.es/contidos, máis webquests.

Volvemos outra vez ao marco teórico das webquests, con exemplificacións.

Web de Isabel Pérez Torres, autora da tese doutoral Diseño de Webquests para la Enseñanza/Aprendizaje del Inglés como Lengua Extranjera: Aplicaciones en la Adquisición de Vocabulario y la Destreza Lectora. Granada: Editorial Universidad de Granada.

Que é unha webquest: www.webquest.es Excelente páxina, especializada en webquests, conceptos teóricos e directorios de webquests.

Rede de centros avanzados tic : Moi boa, con presentacións explicando o que son as miniquests, as webquests e con exemplos.

Eduteka: Páxina centrada na aprendizaxe por proxectos. Como elaborar unha webquest de calidade e outras recomendacións. Moi boa.

Edutic: Describe paso a paso a elaboración dunha webquest. Con exemplos. Moi boa.

Edugaliza: Como facer unha caza do tesouro. Explicación detallada.

Nos seguintes lugares podes atopar directorios e recompilacións de webquests xa feitas.

Directorios de webquest: Recompilación de directorios onde atopar webquests.

Biblioteca de webquest de aula21: Máis exemplos de webquests

Outro repositorio de webquests en centrosavanzadostic.es

Finalmente, un lugar para publicar a túa propia webquest: PHPWebquest

Comments are closed.

Staypressed theme by Themocracy