Imos usar o encerado dixital interactivo (EDI / PDI)

O primeiro que precisamos son os recursos técnicos: un ordenador, un canón de vídeo e un encerado dixital.  Tamén necesitaremos os “drivers” do encerado (software que o recoñece e que permite que funcione), que debemos descargar de internet e instalalos no ordenador.

Unha vez que temos estes medios conectamos a conexión do canón de vídeo ao ordenador, e tamén o cable USB da pizarra. Encendemos o canón de vídeo e o ordenador.

Despois de arrancar o sistema operativo deberiamos visualizar o escritorio do ordenador na pizarra dixital. Se iso non acontecese inmediatamente podemos probar a pulsar as teclas do ordenador que permiten cambiar de pantallas, e que normalmente son a combinación de teclas Fn + F5 (ou Fn + F4). Tamén podería haber algún problema coa resolución de pantalla, que deberemos modificar nas propiedades do escritorio, reducindo dita resolución.

No caso de que o encerado dixital non estea fixo nun mesmo lugar, probablemente deberemos calibralo, utilizando para iso o software básico do panel de control do EDI.

Unha vez que temos o encerado dixital funcionando, podemos levar a cabo as actividades que teñamos pensado, entre as cales podemos propoñer as seguintes:

1. Visitar direccións de internet onde se reúnan actividades específicas para o EDI. A partir de aí seleccionamos aquelas que poidan servir aos nosos intereses didácticos.  Exemplos de actividades para EDI para ir abrindo boca podemos atopalos nos seguintes enlaces:

2. Podemos elaborar no ordenador un documento de texto ou un PDF, a modo de ficha, que despois proxectamos no encerado dixital, e que nos permitirá, por exemplo:

  • Responder individual ou colectivamente a unhas preguntas enunciadas no texto, escribindo directamente no encerado.
  • Corrixir individual ou colectivamente un texto (ficha, exame…)
  • Sobre unha imaxe proxectada, escribir textos (cidades nun mapa, partes dun obxecto, etc, etc.)
  • Máis posibilidades didácticas neste enlace

3. Máis adiante nós mesmos podemos ir elaborando as nosas propias actividades para o encerado dixital, utilizando o software axeitado, que tamén podemos descargar da rede.

Na web de temos un especial do mes de novembro de 2009 dedicado ao encerado dixital con enlaces ao software dos encerados, a páxinas web, unidades didácticas, experiencias…  Moi interesante para ampliar información.

Comments are closed.

Staypressed theme by Themocracy