Papiroflexia para todos/as

Atopamos unha páxina moi didáctica que podemos utilizar para que os nenos e nenas da aula poidan aprender a facer figuriñas de papel  e desenvolver a súa creatividade sobre temas moi diversos, tal como flores, animais, peixes, etc.

Unha vez escollida a categoría desexada ofrécense os modelos posibles para elaborar, clasificados segundo o grao de dificultade (máis estreliñas a maior dificultade). Tamén se ofrece para cada figura un diagrama, e para moitas delas unha animación. Resultará máis atractivo que cada neno/a teña diante súa a animación e poida ir facendo os pasos que se indican simultaneamente (pode regularse a velocidade da animación, parala e reanudala, etc).

Así, como exemplo, pódese invitar a todos os alumnos da aula a facer os animais dunha granxa, e cada alumno/a ou cada parella debe escoller un animal.

(Pinchar no enlace para acceder á web)

Comments are closed.

Staypressed theme by Themocracy