A Fundación Encuentro recomenda que se invista en contidos e non en pecés

A Fundación Encuentro, presidida por  José Mª Martín Patino,  publicou  o  Informe España 2009. Unha interpretación da súa realidade social. Participan nel  medio centenar de especialistas de diversas disciplinas e tendencias para obter unha análise da realidade social española.

Unha sección do informe leva por título: “A aplicación pedagóxica das TIC”

As súas conclusións (ver especialmente as dúas últimas páxinas do enlace precedente), recollen entre outras as seguintes reflexións:

As familias son un factor clave. Pais e nais deben saber o que se fai e o que non coas TIC nos colexios, e o que cabe esperar razonablemente de todo iso.  É posible e desexable crear redes sociais familia-colexio.

A investigación educativa, a creación de contidos tecnolóxicos específicos e o compromiso de profesores e pais son fundamentais para que o investimento en novas tecnoloxías e a utilización de computadores e internet en clase sexa rendible.

O informe asegura que “é máis rendible investir en investigación educativa que en dotar de computadores un colexio”. Para a Fundación Encuentro, “sorprende que se gasten enormes cantidades de diñeiro público en tecnoloxía e se fagan esforzos verdadeiramente pírricos en investigar o impacto desa tecnoloxía nos procesos de ensino-aprendizaxe”. Sobre o rendemento dos alumnos, conclúe que “os alumnos que suspendían sen usar internet, seguen suspendendo con internet, e os que rendían ben sen internet, seguen facéndoo con internet”.

O profesor debe ser o elemento realmente clave en todo o proceso. Hai que investir na  formación continua dos profesores.

Comments are closed.

Staypressed theme by Themocracy