Escribir rápido no teclado (mecanografía)

Con frecuencia deixamos aos nenos/as que escriban no teclado segundo o seu instinto natural (é dicir, con un ou dous dedos) e esquecémonos de desenvolver unha habilidade básica que aumenta sensiblemente a produtividade do traballo diante do ordenador, tal como é escribir utilizando todos os dedos das dúas mans e ademais facelo sen mirar para o teclado, é dicir, mirando para a pantalla do ordenador.

Por outra parte, a práctica da mecanografía, en dúas ou tres sesións semanais duns 20 minutos é un excelente exercicio para a mellora da concentración.

Existen moitos recursos en internet para mellorar esta habilidade, e xa dende idades propias da etapa de educación infantil, é dicir, dos 3 anos en diante, a través de xogos sinxelos para aprender a manexar primeiro o rato e logo as primeiras letras do teclado.

Para os máis pequenos podemos comezar con TUX-TYPING, un xogo educativo que se descarga desde internet e que é multiplataforma, con versións para LINUX, Windows e Mac.

Tux é un pingüín que vai zampándose os peixes que caen antes de que toquen o chan. Cada peixe leva unha letra asociada e para que Tux o poida comer o neno/a debe pulsar esa letra coa suficiente rapidez antes de que o peixe chegue ao chan. Ten opcións para regular a velocidade con que caen as letras ou mesmo elixir palabras con diverso grao de dificultade. Está traducido entre outras á lingua galega.

Un xogo que utiliza unha idea similar e ao que podemos xogar online témolo en   Mecanografía na Prehistoria, na web de Vedoque.

Outro xogo é o de Biblioteca máxica , este require un mínimo de destreza e será axeitado a partir de segundo ciclo de primaria.

Especialmente a partir do 3º curso de primaria podemos traballar cun programa sistemático de aprendizaxe, na liña do que por exemplo nos ofrece a páxina web de cursomeca.com, que nos permite probar o programa sen rexistrarnos nun curso de 27 leccións.

É útil, como elemento motivador, levar un rexistro nun caderno de todos os alumnos/as onde se anoten cada unha das leccións que van superando e o número de erros das que non superan.

Outra opción a partir de 2º ciclo é o curso da web de Vedoque.

Os mellores recursos educativos para Primaria

Na Rede Social Internet en el Aula hai aberto un foro de discusión que leva por título : Os mellores recursos educativos para Primaria.

Estes son algúns dos propostos:

RECURSOS CONCRETOS :

Lingua: Cuentos locosMecanografíaKeyboard Game.
Matemáticas: El Euro y los nº DecimalesFracciones GenMàgic.
Medio: El aula del botánicoRelieve de España.
Inglés: Scary Skeleton.
Francés: Jeu chante en classeLa Famille Brunot.
Plástica: Colorea y dibujaBitstrips.
Varios: Grado56.
E. Infantil: Manejo del ratón.
NEE: Proyecto Aprender.

PÁXINAS XERAIS:

Agrega (Selección Primaria) – CRA A. RibagorzaCRA V. BullaqueEdu365.cat – EducapequesInternet en el aulaJ. de Castilla y LeónJueduLandOrientación AndújarR. para nuestra claseRecursos en FlashR. 3º Ciclo Primaria TIC56SallitaVedoqueVikidiaZonaClic.
Lingua:Cuentos interactivos clicclicclicReglas de ortografía.
Matemáticas: ThatQuiz.
Coñecemento: NASA Space Place.
Francés: Jouons en FrançaisClips enfantinsLe Point du FLE.
Inglés: Starfall.
Música: Música Educa.

UNIDADES E PROPOSTAS DIDÁCTICAS:
Comprensión lectora para varias áreas: Leer.es.
Varios: DidácticaTIC.
Recursos programados: CEIP Cervantes MontemayorRecursos 3º Ciclo.

¡Seguro que atopades algún recurso interesante para traballar na aula!

A Fundación Encuentro recomenda que se invista en contidos e non en pecés

A Fundación Encuentro, presidida por  José Mª Martín Patino,  publicou  o  Informe España 2009. Unha interpretación da súa realidade social. Participan nel  medio centenar de especialistas de diversas disciplinas e tendencias para obter unha análise da realidade social española.

Unha sección do informe leva por título: “A aplicación pedagóxica das TIC”

As súas conclusións (ver especialmente as dúas últimas páxinas do enlace precedente), recollen entre outras as seguintes reflexións:

As familias son un factor clave. Pais e nais deben saber o que se fai e o que non coas TIC nos colexios, e o que cabe esperar razonablemente de todo iso.  É posible e desexable crear redes sociais familia-colexio.

A investigación educativa, a creación de contidos tecnolóxicos específicos e o compromiso de profesores e pais son fundamentais para que o investimento en novas tecnoloxías e a utilización de computadores e internet en clase sexa rendible.

O informe asegura que “é máis rendible investir en investigación educativa que en dotar de computadores un colexio”. Para a Fundación Encuentro, “sorprende que se gasten enormes cantidades de diñeiro público en tecnoloxía e se fagan esforzos verdadeiramente pírricos en investigar o impacto desa tecnoloxía nos procesos de ensino-aprendizaxe”. Sobre o rendemento dos alumnos, conclúe que “os alumnos que suspendían sen usar internet, seguen suspendendo con internet, e os que rendían ben sen internet, seguen facéndoo con internet”.

O profesor debe ser o elemento realmente clave en todo o proceso. Hai que investir na  formación continua dos profesores.

Os blogs e as súas aplicacións educativas

Onte tivemos a primeira sesión de traballo cos blogs.  Para crear un blog o máis sinxelo é acceder a un dos diversos servizos gratuítos existentes e seguir os pasos para crear o noso propio blog. Dous dos servizos máis utilizados son:  http://blogger.comhttp://wordpress.com.

Nós imos utilizar os servizos de Google. Aquí tendes os pasos a seguir para abrir unha conta de correo en Gmail, como crear un blog e publicar entradas con imaxes e enlaces.

Pero, qué é un blog? Unha definición breve:  Un Weblog (do inglés web + log), blog, bitácora ou blogue é unha páxina web onde hai mensaxes ou publicacións ordenadas cronoloxicamente escritas por unha ou varias persoas, sobre un tema en particular a modo de diario on-line (Wikipedia galega).

Para imaxinar posibles usos educativos dos blogs comezamos con este artigo recollido da web de Proyecto Grimm, titulado Os blogs como ferramenta de aprendizaxe

Os blogs, dentro do campo educativo, poden ser de varios tipos:

1. Blogs de centro:


Ceip A Rúa : participamos todos, con blogs de aula e profesores, rexístrase unha memoria das actividades máis significativas realizadas no centro.

2. Blogs de aula:

Participa o alumnado e leva por exemplo un rexistro das actividades desenvolvidas : un exemplo de blogs de prensa-escola,  e aquí listado de blogs gañadores no curso anterior.

3.Blogs de profes, ideais para utilizar como repositorio de recursos:

O Blog de Pilar, con recopilatorio de actividades de matemáticas para 3º ciclo.

Recursos para nuestra clase, blog con recursos para o 2º ciclo de primaria, clasificados por materias.

Recursos TIC no 3º ciclo de primaria, de Alberto Armada, recursos para 3º ciclo clasificados por materias.

CEIP Quinta Porrúa: máis recursos.

WIKI Capileiraticrecursos: outra forma de organizar recursos.

GenMagic.org : con repositorio de recursos.

4. Blogs de biblioteca:


Bibliotecadocole: un bo blog de biblioteca do colexio.

O recanto de Mik: outro excelente blog de biblioteca.

5. Blogs do departamento de orientación:

CEIPs Otero Pedrayo e Mestres Goldar

Guía de información académica e profesional (blog IES García Barbón, Verín)

E así pódese ampliar a clasificación con blogs de ciclos, de áreas, de materias, de dinamizacións, equipos, departamentos…

Para ver máis temos unha clasificación e listado amplo na convocatoria do III premio de edublogs 2009, convocados pola Asociación Espiral, Educación e Tecnoloxía.

Escola 2.0, as primeiras mochilas dixitais

Nun foro da rede social Internet en el Aula, centrada no uso das TIC na escola, recollemos estta entrada que achega novidades sobre como vai a implantación da escola 2.0 en España (o tema dos ordenadores portátiles para 5º e 6º de primaria).

Enterámonos por esta vía que a mochila dixital xa chega a Granada.

Xa podemos irnos facendo unha idea do que nos espera :-)

WordPress Themes