Enquisa ao profesorado
A comisión TIC do CEIP A Rúa elaborou unha enquisa para detectar as demandas en formación do profesorado do centro. Obtivemos os seguintes resultados :
1. Creación e uso de blogs educativos (demandado por 8 profesores/as)
2. Uso do encerado dixital (demandado por 8 profesores/as)
3. Creación de cazas de tesouro e webquest ( demandado por 4 profesores/as)
Deste xeito xa temos uns puntos de referencia para traballar nas vindeiras semanas. E comezaremos polo uso dos blogs.
O vindeiro martes, día 3 de novembro, ás 18:30 horas teremos unha primeira sesión para crear e comezar a utilizar o noso propio blog


