Benvida!

Dámosvos a benvida a un lugar que aposta pola formación do profesorado no ámbito das TIC e polo uso consciente e comprometido destas ferramentas, ao servizo da formación dos cidadáns do século XXI:

  • Críticos coa sociedade na que viven,
  • Conscientes dos condicionamentos aos que estarán sometidos
  • Solidarios na procura do ben común.

Por iso apostamos por:

  • O uso de software libre, polos valores e a posición ética que define este movemento.
  • Por unha pedagoxía sustentada en tres paradigmas básicos: o globalizador, o crítico e o construtivista, sempre interrelacionados.
  • Pola adquisición por parte do noso alumnado das competencias básicas recollidas na lexislación educativa vixente, e en particular á adquisición da competencia dixital e do tratamento da información, que tal como se explica no Decreto 130/2007, que desenvolve o currículo na educación primaria,  “esta competencia consiste en dispoñer de habilidades para buscar, obter, procesar e comunicar información, e para transformala en coñecemento”.En síntese, o tratamento da información e a competencia dixital implican ser unha persoa autónoma, eficaz, responsable, crítica e reflexiva ao seleccionar, tratar e utilizar a información e as súas fontes, así como as distintas ferramentas tecnolóxicas…”

Comments are closed.

Staypressed theme by Themocracy